Ademais de asesorarte, acompáñote

Profesional no persoal

Ao longo dos meus 20 anos de carreira traballei en departamentos de Márketing para diferentes empresas en sectores como a arquitectura, o turismo e a educación, mentres compaxinaba a miña actividade con proxectos de emprendemento propios e formación para emprendedores.

Os éxitos destes anos, e sobre todo os fracasos, foron os meus mellores mestres. Aínda que ninguén está libre de cometer erros, a miña experiencia axudoume a tropezar cada vez menos, e tamén a saber axudar aos meus clientes a tomar as decisións acertadas na aventura de emprender.

Podes coñecer algo máis da miña traxectoria aquí:

Persoal no profesional

Na miña experiencia podo dicir que a calidade humana está directamente conectada co éxito no traballo. E se hai unha soa cousa da que aprendín máis que dos erros, é das persoas.

Non podo entender un “eu profesional” desligado de calidades persoais como a empatía, a humildade e o optimismo, elementos que foron claves en todos os equipos dos que formei parte.

Gústame coñecer a parte persoal e emocional que hai detrás de cada proxecto no que formo parte, porque permíteme conectar e involucrarme, mellorando a calidade do meu traballo. Tamén creo que isto debe de ser recíproco, por iso vou falarche un pouco de min e das miñas conviccións:

Falemos da túa idea. Falemos de ti

Agora que me coñeces un pouco, estou á túa disposición para facer o mesmo por ti.

Se che apetece, encantaríame que programásemos unha videochamada para que me contes o teu proxecto e cales son os teus obxectivos. Se prefires falar por teléfono, correo electrónico ou por WhatsApp, tamén me tes á túa disposición.

Este primeiro contacto axudarame a delimitar o punto do que partimos e a identificar a esencia da túa idea de negocio. O máis probable é que antes de finalizar a conversa poidas saber como che podo axudar. Se non é así, prometo dicircho nun prazo máximo de 2 días.

E para que non haxa lugar a dúbida, esta conversa non supón ningún compromiso pola túa parte.