Javier Boquete

Acompáñote na valorosa decisión de emprender

Emprendemento e márketing en Galicia

O meu nome é Javier Boquete e son asesor en márketing dirixido a emprendedores e PYMES na área de Galicia.

Con máis de 20 anos de experiencia en departamentos de márketing e publicidade e tamén como emprendedor, ofrezo os meus servizos e coñecemento a todos os que están dispostos a se adentraren na apaixonante aventura de converter soños profesionais en éxitos.

Un pracer coñecerte.

Os 4 pasos que dou contigo

Estudar en profundidade o teu cliente e o medio que o rodea. Este é o primeiro paso fundamental para a venda.

Estudar o mercado no que te vas mover. Poderemos determinar se a nosa entrada nel será eficiente.

Definir a túa proposta de valor consiste en descubrir esa vantaxe diferencial que ofreces respecto á competencia.

Cales van ser os nosos obxectivos. Lembra que sen obxectivos é difícil conseguir e medir resultados.

Como podo axudarte?

No traxecto de converter unha idea nunha realidade viable debemos asegurarnos de superar certos obstáculos. Trátase dun camiño que require compromiso e sacrificio, pero podo asegurarche que pagará a pena. O meu labor como asesor de márketing será guiarte, acompañarte e axudarte a superar eses obstáculos ao longo do traxecto.