Márketing para emprendedores e PYMES en Galicia

Como podo axudarte?

Porque son emprendedor, sei que hai poucas decisións máis valorosas que emprender e lanzar un negocio. No traxecto de converter unha idea nunha realidade viable debemos asegurarnos de superar certos obstáculos. Trátase dun camiño que require compromiso e sacrificio, pero podo asegurarche que pagará a pena.

O meu labor como asesor de márketing será guiarte, acompañarte e axudarte a superar eses obstáculos ao longo do traxecto. O meu labor como persoa, implicarme ao 100 % para que esta sexa unha das mellores experiencias da túa vida.

Gocemos da viaxe.

Os catro pasos do márketing que darei contigo

Acompáñote en todos ou nos que precises. Ti elixes!

Análise do teu público

O camiño comeza por estudar en profundidade o teu cliente e o medio que o rodea. Intentar vender algo a alguén que non coñeces é un dos erros máis frecuentes do emprendedor. Para evitalo, deseñaremos un mapa de empatía, estudaremos os seus sentimentos, preferencias, necesidades e motivacións co fin de lograr facer que o noso produto ou servizo sexa o máis desexable posible para o noso público obxectivo. Así asegurarémonos que, de entrada, temos algo que desexará ou necesitará.

Este é o primeiro paso fundamental para a venda.

Análise da competencia

Nun mundo ideal serías a única persoa que ofrece o teu produto ou servizo. Como é probable que non sexa así, debemos estudar en profundidade o mercado no que te vas mover, prestando especial atención aos teus competidores. Mediante a análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) e outras análises, poderemos determinar se a nosa entrada no mercado será eficiente e, de non selo, poderemos realizar os cambios oportunos na túa idea coa antelación necesaria.

E se o teu produto ou servizo ten varios posibles mercados, nesta análise estableceremos cal é o máis axeitado.

Definición de proposta de valor

Nestas alturas da viaxe precisamos facer unha parada imprescindible: a definición da túa proposta de valor. Definir a túa proposta de valor consiste en descubrir esa vantaxe diferencial que ofreces respecto á competencia e que che fai único no teu mercado. Esencialmente, trátase da razón principal pola que o teu público obxectivo te elixirá a ti en vez de a outros.

Lembra que a súa definición non só é vital de cara ao teu éxito comercial, senón que será a base na que toda a túa comunicación deberá sosterse: é a clave para que o teu negocio funcione.

Definición e cumprimento de obxectivos

Agora que xa sabemos quen somos e onde estamos, é hora de considerar cales van ser os nosos obxectivos. Lembra que sen obxectivos é difícil conseguir e medir resultados.

Aquí, as claves serán a análise, a planificación e a execución. Xuntos, conxugaremos estes elementos nun plan estratéxico que consistirá en delimitar:

Estarei encantado de coñecerte

Guíote, acompáñote e axúdote para superar eses obstáculos ao longo do camiño de emprender. Implícome para que sexa unha das mellores experiencias da túa vida. Gustaríame escoitar a túa idea para buscar as mellores solucións adaptadas a ti.